Rodrigo Vila ofrecerá un concerto en Riveira
O profesor invitado da Aula Galega de Saxofón, o mestre Rodrigo Vila ofrecerá un concerto este próximo domingo 14 de setembro ás 19:00 horas na igrexa de Sta Uxía de Riveira. Este concerto enmárcase dentro dun ciclo de que o mestre Vila está realizando para preparar unha nova xira que o levará a finais de setembro a Nova York, Bangkok e Singapur.











