publicidade hoxe

Pazos de Borbén ofrece un curso de axuda á mocidade para atopar emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén, a través da súa Oficina de Información Xuvenil (OMIX), convoca un novo curso relacionado co autoemprego e a procura activa de traballo. Trátase do taller práctico “Activando o teu futuro” e está dirixido aos mozos do municipio que desexen incorporarse ao mercado laboral. O curso ten dúas horas de duración e celebrarase o próximo día 13 de agosto,a partir das 15:45 horas, no salón de actos da Casa do Concello de Pazos de Borbén.

O taller está incluído no programa “Activa 2014” da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e será impartido por técnicos da Consellería de Traballo e Benestar. Ademais de conceptos tan fundamentais como a construción dun bo curriculum vitae, as redes sociais ou a educación non formal, abordaranse temas como a motivación relacionada co emprego, a análise das oportunidades e a competitividade no mercado laboral ademais de achegar varias ferramentas para que os mozos optimicen as súas habilidades e destrezas para a toma de decisións respecto do seu futuro profesional.

A actividade é totalmente gratuíta e conta cun número de prazas limitadas, polo que os interesados en participar deberán completar a súa inscrición no rexistro do Concello antes do día 8 de outubro. Os interesados en recibir máis información deben dirixirse á OMIX de Pazos de Borbén, na Casa do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres ou través dos teléfonos 986 498 934 e 986 497 035.

25 de setembro de 2014 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.