publicidade hoxe

Pazos de Borbén acolle un novo curso de automaquillaxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén, a través da súa Oficina de Información Xuvenil (OMIX), convoca un novo curso de estética para todos os veciños e veciñas interesadas. Nesta ocasión trátase dun taller de automaquillaxe de 30 horas de duración no que os seus alumnos aprenderán as claves dos puntos da súa fisionomía que deben resaltar, e de como disimular as pequenas imperfeccións que todos temos.

Elixir a maquillaxe que máis se adapte ás nosas faccións, o noso ton de pel ou as sombras máis adecuadas para cada ocasión son algunhas das principais leccións deste curso,moi práctico e personalizado. Baseado en conceptos claros nun ambiente agradable e relaxado.Unha das principais vantaxes deste curso é que ao dividirse en varias sesións as alumnas poderán practicar entre as súas clases e así resolver as dúbidas que xurdan coa práctica dos conceptos apresos.

Ás alumnas pediráselles que vaian maquilladas como o fan normalmente e co seu propio neceser de maquillaxe para que aprendan a sacar máis partido aos produtos que xa teñen.

As clases comezarán o 4 de outubro na Casa do Pensionista de Amoedo e celebraranse todos os sábados en horario de 17 a 20 horas. O curso ten un custo de 15 euros e conta con 25 prazas dispoñibles. O prazo para a inscrición estará aberto até ocupar todas as vacantes. Os interesados en recibir máis información ou formalizar a inscrición deben dirixirse á OMIX de Pazos de Borbén, na Casa do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres ou través dos teléfonos 986 498 934 e 986 497 035.

24 de setembro de 2014 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.