publicidade hoxe

Os máis cativos de Pazos de Borbén despiden as súas vacacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

Os nenos de Pazos de Borbén despiden este domingo as súas vacacións coa celebración do III Festival Infantil de Verán organizado polo Concello dentro do seu programa de actividades estivais. En total participarán 70 nenos, desde os 3 até os 16 anos. A celebración comezará ás 18:30 na sede da Cultural de Pazos.

Despois de dous meses de duros ensaios, todo está preparado para a última festa infantil do verán en Pazos de Borbén. Monólogos, bailes e moita música, un total de 17 actuacións están programadas neste certame, dedicado aos máis pequenos. Todas e cada unha das representacións están pensadas e deseñadas para desenvolver a sensibilidade e as diferentes manifestacións artísticas dos pequenos sen perder de vista o obxectivo principal do evento, pasar unha tarde divertida rodeados de amigos e familiares. A entrada é totalmente gratuíta, o único que se pide aos asistentes é que acudan co mellor espírito festivo e o máximo apoio aos pequenos, xa que para moitos será a primeira vez que vivan unha experiencia como esta.

12 de setembro de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.