O velódromo municipal do Porriño acolle o XI Dirt Track Xacob Agra
O Velódromo Municipal de Porriño acollerá mañá o XI Dirt Track Xacob Agra. Como cada ano, o motoclub Papaya en colaboración co Concello de Porriño organiza esta carreira nocturna, última do triangular organizado pola Federación Galega de Motociclismo e da cal sairá o campión galego, dará comezo ás 21:00 h.
Polo módico prezo de 5 euros, poderemos ver en acción a 21 pilotos de alto nivel entre os cales se atopa o piloto local Xacob Agra, que se postula como favorito desta competición.











