O trofeo de balonmán das Festas do Cristo 2014 quédase no Porriño

Entrega do trofeo
O Balonmán Porriño adxudicábase onte o Trofeo Festas do Cristo 2014 ao vencer ao Colexio de Gaia por un contundente 30-22. Deste xeito, un ano máis este trofeo de balonmán feminino queda na vitrina do anfitrión. Os afeccionados puideron ver xogar tanto ás veteranas como a algunhas das xuvenís, nun encontro no que as de Abel Estévez impuxéronse desde un primeiro momento.
O alcalde do Porriño, Nelson Santos, e o concelleiro de Deportes e Festexos, M. Alejandro Lorenzo fixeron entrega do trofeo ás mozas que, unha vez máis, regalaron unha tarde éxito e bo facer.











