O tiro olímpico chega ao Porriño da man do XIII Trofeo Festas do Cristo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Porriño
A-
A+

O vindeiro domingo 14 de Setembro, o campo de tiro “Rosa Porriño” de Atios, acollerá o XIII Trofeo Festas do Cristo de Tiro Olímpico. Un ano máis, o Club de Tiro ao Prato “Rosa Porriño” en colaboración co Concello do Porriño, pon en marcha este torneo no que tiradores federados chegados de diferentes puntos da xeografía galega, competirán por conseguir o Cristo de Ouro, Trofeo Absoluto do Torneo.

O pasado martes comezaban os adestramentos que continuarán até o sábado 13 de Setembro, en horario de tarde.

Todos aqueles que queiran participar deberán inscribirse o mesmo día do Torneo, desde as 10:00 h, hora de comezo da competición até as 17:00 h, momento no cal se procederá ao peche da inscrición. O custo da inscrición é de 40 euros para todos aqueles que non sexan socios do club e 35 euros para os asociados. Os tiradores que compitan nas categorías de Damas e Junior abonarán 25 euros de inscrición.

Ademais do Trofeo Absoluto, haberá competición por categorías Veteranos, Damas e Junior , e farase entrega ademais de 24 trofeos máis en prata, cristal e Sargadelos.

12 de setembro de 2014 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.