O Porriño celebra unha nova edición da feira de oportunidades “Merca na rúa”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

O alcalde do Porriño, Nelson Santos, Noelia Conde e Raquel Alonso, xerente e secretaria de ACIPOR respectivamente, presentaron esta mañá a XI Feira de oportunidades do Porriño “Merca na rúa”.

Os próximos 13 e 14 de Setembro, nas rúas do centro do municipio poderemos atopar infinidade de produtos de primeira calidade con descontos de até o 70%, grazas a esta iniciativa que, unha vez máis, pretende dinamizar promover e pór en valor o comercio de Porriño.

Esta feira de oportunidades responde a un problema latente do comercio polo miúdo, que a mercadoría que non se vendeu durante a tempada mentres, o consumidor benefíciase de importantes descontos, superiores aos aplicados en época de rebaixas.

O alcalde, Nelson Santos, quixo reiterar o apoio que desde o Concello do Porriño se dá sempre aos comerciantes “quero felicitar a ACIPOR por esta XI Feira de Oportunidades ‘Merca na rúa’ que estou seguro que, unha vez máis, será todo un éxito. Con iniciativas como esta e co esforzo e a constancia dos comerciantes dáse un gran impulso ás compras locais, algo que desde o Concello consideramos prioritario e por iso , sempre colaboramos, e seguiremos facéndoo, con todas estas iniciativas socioeconómicas ”.

Pola súa banda, Noelia Conde quixo convidar a todo o mundo a achegarse este fin de semana ao Porriño, “Serán un total de 23 postos, do comercio local asociado, os que ofrezan unha gran e variada oferta que vai desde a confección, ao calzado, artigos de agasallo ou complementos” e quixo mostrar o seu agradecemento ao Concello do Porriño por “o apoio e a colaboración que semente recibimos á hora de organizar estas actividades”.

O Concello do Porriño, como en edicións anteriores, pon a disposición da organización os servizos necesarios para a celebración desta xa consolidada festa do comercio local, así como inchables gratuítos para que os máis pequenos tamén teñan o seu espazo.

Así, o sábado 13, en horario ininterrompido de 10:00 a 22.00 horas, e o domingo 14, de 11:00 a 20:30, a zona peonil do Porriño volverá encherse das mellores ofertas e produtos de ocasión que ofrece o comercio da nosa localidade.

 

11 de setembro de 2014 | 10:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.