O Porriño aposta pola cultura a través de diferentes convenios con asociacións culturais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

O Concello do Porriño, no seu obxectivo de dinamizar a actividade cultural nas diferentes parroquias e de ofrecer a unha programación cultural de calidade, asinou como cada ano convenios de colaboración con asociacións culturais, a través dos cales lles realiza unha achega económica destinada á organización de diversas accións socioculturais dirixidas aos seus veciños.

Nos últimos días, o alcalde de Porriño, Nelson Santos, e a concelleira de Cultura, Teresa Veloso, recibiron na casa consistorial aos presidentes das diferentes asociacións a fin de formalizar a entrega destas subvencións nominativas.

As entidades beneficiadas son Os Penediños de Atios , O Castelo de Cans, As Mimosas de Carracido, A Lagoa de Budiño, A Forna de Budiño, O Mosteiro de Budiño, Casal de Budiño, Pontellas, San Xurxo de Mosende, Alba de Torneiros, A Relva de Torneiros, San Salvador de Torneiros e Amas de Casa de Porriño.

Cabe destacar que, a cantidade que reciben cada unha destas asociacións vese considerablemente incrementada se temos en conta o resto das colaboracións realizadas con estas entidades ao longo de ano, como son as axudas para a posta en marcha de iniciativas formativas e lúdicas, as melloras e mantemento das súas instalacións ou a organización de múltiples actividades nas diferentes parroquias. Ao mesmo tempo, o Concello do Porriño fai as veces de ponte con outras administracións e ofrece asesoramento ás diferentes asociacións sobre os trámites a realizar para acceder a outras axudas e recursos. O alcalde, Nelson Santos, apunta que “A pesar de que supón unha cantidade considerable, mantemos estes convenios coas asociacións culturais, e a contía destes, co obxectivo de manter as actividades que se desenvolven nos distintos centros culturais das parroquias, co fin de seguir ofrecendo unha programación cultural de calidade e para todos os públicos”.

 

8 de setembro de 2014 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.