publicidade hoxe

O Concello do Porriño súmase á emotiva homenaxe a José Márquez e “Rubio”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Homenaxe do Porriño Industrial F.C.

Homenaxe do Porriño Industrial F.C.

O alcalde do Porriño, Nelson Santos, sumouse onte á homenaxe sorpresa que o Porriño Industrial F.C. rendeu a dous históricos do club, José Márquez Ozores e Juan Maceira Pérez, coñecido por todos como “Rubio”.

Tras a presentación de todas as categorías do club para esta tempada, con todos os xogadores en campo e o complexo deportivo de Lourambal a rebordar, o presidente do Porriño Industrial, Esteban Cidanes, agradeceu publicamente e por sorpresa a dedicación e achega ao club, do actual secretario e delegado Márquez, e do masaxista “Rubio” durante máis de 30 anos.

O actual presidente e os seus antecesores, Moncho Bastos e Jose Carlos Díaz, quixeron con este sentido tributo pór en valor o labor destes dous indispensables do equipo local que, visiblemente emocionados recibiron senllas placas conmemorativas de parte do club e do seu persoal.

Así mesmo, o alcalde do Porriño, Nelson Santos, dedicou unhas sentidas palabras de agradecemento e quixo enxalzar o achegue de ambos os ao club durante eses máis de 30 anos, tras as cales fixo entrega en nome do Concello do Porriño, dun obsequio en recoñecemento ao papel que estes desempeñaron e desempeñan como destacados socios e membros do Porriño Industrial F.C.

Tras este sentido tributo, a bancada ao completo do Lourambal rompeu nun sonoro aplauso en mostra de agarimo e gratitude cara aos homenaxeados.

Seguidamente, daría comezo o triangular Trofeo Festas do Cristo – JJ Gradín 3×1, que este ano enfrontaría ao Porriño Industrial F.C., ao C.D Areas e ao Caselas C.F. Sería o equipo local o que finalmente se adxudicaría o trofeo impóndose nunha animada final ao Caselas C.F. O alcalde, Nelson Santos, José Jaime Gradín Bouzas, dono do Grupo Empresarial e Jose Márquez fixeron entrega dos trofeos aos equipos participantes.

30 de setembro de 2014 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.