O centro cultural do Porriño acolle a presentación do libro de Rubén Pintos “El niño de los colores”
O Auditorio do Centro Cultural Municipal do Concello do Porriño acollerá mañá martes 9 de setembro, ás 19:30 horas, a presentación do libro “El niño de los colores”, do escritor Rubén Pintos.
Da man da concellaría de Cultura, que dirixe Teresa Veloso, chega ao Porriño esta novela publicada por editorial Seeler, que narra as aventuras da infancia e pubertade de Marc, un neno cunha particular percepción do mundo. A través del, e da súa peculiar forma de percibir a realidade que o rodea, o autor aborda o daltonismo desde unha perspectiva máis humana e de conquista da superación persoal.
Desde o Concello do Porriño convidan a acudir a este evento literario, onde o autor disertará sobre a que é a súa primeira novela. Rubén Pintos, natural da comarca, é un autor autodidacta que, empuxado pola súa paixón pola escritura, estréase no mundo literario con esta novela repleta de aventuras, pelexas, amizade, amor, dor e medos… moitos medos…











