O afamado dj Brian Cross actuará no recristo do Porriño
Aínda que inicialmente estaba previsto que fose Juanjo Martín quen ofrecese unha sesión o vindeiro venres 3 de outubro, será o afamado dj e produtor musical Brian Cross quen picará no Porriño dando o pistoletazo de saída do recristo.
Este dj catalán mundialmente recoñecido e que ocupou os primeiros postos nos rankings musicais e festivais de todo o mundo, actuará o vindeiro venres a partir da 1:00 horas na céntrica avenida Domingo Bueno, na sesión dj enmarcada na programación das Festas do Cristo 2014.