Nelson Santos: “A demanda de conciliación previa á querela ao Sr. Carreira é para defender a miña honra e a verdade”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Porriño
A-
A+

“O pasado mes de Maio, a través dun medio de comunicación escrito de tirada nacional, o Sr. Carreira vertía graves acusacións que, amén do dano institucional que levan, atentan directamente á miña honra persoal.

Nun subtitular que rezaba “O alcalde popular falsificou facturas”, o Sr. Carreira arroxaba falsas acusacións sobre a miña persoa ademais de faltar gravemente á realidade. Con tal motivo, vinme na obrigación de interpor unha demanda de conciliación previa á querela ao Sr. Carreira, en aras de defender a miña honra e a verdade.

En segundo lugar, en relación ás declaracións do Sr. Coto en referencia a esta situación, publicadas hoxe nun medio escrito, esta alcaldía quere destacar o correcto funcionamento do Goberno Local, onde cada un dos seus membros cumpre co seu labor e que, até o día de hoxe, todos os acordos deste equipo de goberno foron adoptados por unanimidade.

Sen prexuízo do anterior, se algún membro do equipo de goberno non se sente satisfeito en desempeño do seu cargo está no seu dereito de presentar libremente a súa dimisión.”

J. Nelson Santos Argibay
Alcalde do Concello de Porriño

11 de setembro de 2014 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.