publicidade hoxe

Este sábado O Porriño acolle o II Duatlón Popular

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaO Porriño
A-
A+

O sábado 20 de setembro celebrarase a segunda edición do Duatlón Popular Concello do Porriño, cunha participación total de máis de 150 deportistas. O Duatlón do Concello do Porriño coincide coas festas desta localidade e o obxectivo é achegarse a todas as idades. Desta forma, haberá un duatlón de categorías menores (16 horas) e con distancias máis curtas (1 quilómetro de carreira a pé – 4 quilómetros de bicicleta – 500 metros de carreira a pé).

Posteriormente, terá lugar a proba para os maiores (17 horas) que será sobre a distancia sprint (5 qm. de carreira a pé – 20 qm. en bicicleta – 2,5 qm. de carreira a pé). A saída e meta estará situada na Praza do Concello, mentres que a transición terá lugar na Avenida Domingo Bueno. Na categoría feminina destacan Marina González (Tri-Penta Terras de Lugo), María Martínez (Atletismo Porriño) ou Mar Villar (Tríatlon Morrazo), mentres que na masculina os locais Brais Misa e Enrique Morán (Atletismo Porriño) se perfilan coma favoritos.

18 de setembro de 2014 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.