publicidade hoxe

David Navarro inaugura os Monólogos do Cristo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

A música, o deporte e a cultura serán os principais atractivos deste fin de semana no Porriño. Deste xeito, os veciños da vila do Louro poderemos gozar de diferentes actividades e propostas de gran calidade dentro do marco da programación das Festas do Cristo 2014.

A xornada arrincará ás 10:00 h coa celebración de dúas tradicionais competicións deportivas, o Torneo de Minitenis e o Torneo de Pádel, que se celebrarán nas pistas Municipais de Tenis e Pádel.

Ás 12:00 h, os xigantes e cabezudos volverán percorrer as rúas da nosa localidade como cada ano no fin de semana grande das festas porriñesas.

Xa pola tarde, ás 16:30 horas O Porriño será o improvisado estudio do programa da TVG “Aquí Galicia”. O ambiente festivo alagará as nosas rúas durante todo o día, sendo o céntrico Parque do Cristo o escenario do prato forte deste sábado. E é que, tras o concerto ás 19:45 h da Banda de música Unión Musical de Valladares, este emblemático lugar acollerá o primeiro dos monólogos que a Concellaría de Festexos, que dirixe M. Alejandro Lorenzo, trae á nosa localidade nunha nova edición dos Monólogos do Cristo. O encargado de abrir este ciclo de teatro unipersonal será o coñecido monologuista David Navarro, cuxos soliloquios non deixan a ninguén indiferente. Este ano contaremos tamén con dous recoñecidos cómicos Albert Boira e Rober Adegas.

Como broche final, terá lugar a verbena a cargo das orquestras Delirio e Mosaico e os mozos de Troula traerán ás nosas rúas o seu novo espectáculo de animación de rúa Pachamama.

26 de setembro de 2014 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.