Conferencia sobre seguridade na caza no Centro de Interpretación de San Roque
O Centro de Interpretación do Parque Periurbano de San Roque dará cabida mañá venres a partir das 19.30 horas a unha charla sobre Seguridade e Responsabilidade na Caza que está organizada pola Sociedade Caza e Pesca Barbanza.
A conferencia será impartida polo presidente desta entidade, Manuel Sáez. A entrada é libre e gratuíta.











