Carracido comeza as súas festas na honra á virxe dos Milagres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

A parroquia porriñesa de Carracido comeza este sábado as súas festas en honra a Nª Señora dos Milagres. Os días 6, 7 e 8 de Setembro, veciños e visitantes gozarán un ano máis desta festa con fama de bo facer e diversión asegurada.

Os actos relixiosos deron comezo o pasado 28 de Agosto coa Novena en Honra da Virxe dos Milagres, que finalizará mañá 5 de Setembro, ás 9 horas.

O domingo oficiarase unha misa ás 10.00 horas e ás 12.30 horas celebrarase a Misa Solemne con procesión, cantada pola Coral A Forna de Budiño. A Banda de Música Cultural de Arcade, co patrocinio do Concello do Porriño, ofrecerá un concerto e uns pasarrúas. Do mesmo xeito, a Banda Municipal de Redondela farao o luns tras a celebración da misa ás 12.00 horas.

A tarde do Luns resérvase aos máis pequenos, que poderán gozar de xogos preparados para eles ás 17.00 horas, no recinto de festas.

A música tamén terá cabida na programación deste ano. O sábado 6 de setembro, a verbena estará amenizada polas orquestras Quinta Avenida e Son de Vigo. O Domingo será a quenda da Orquestra Costa Blanca e o trío Sabrosito, e o luns pola noite, pechando a programación deste ano, teremos a oportunidade de gozar das orquestras Grupo América e Grupo Area.

4 de setembro de 2014 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.