Apertura do prazo de inscrición para o II Dúatlon Concello do Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

O Concello de Porriño, a través da concellaría de Deportes que dirixe M. Alejandro Lorenzo, e en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon (FEGATRI) puxo en marcha a segunda edición do Dúatlon Concello do Porriño.

A organización abriu hoxe o prazo de inscrición para participar na carreira, que se celebrará o sábado 20 de Setembro, debendo realizarse esta de forma on-line. A cota é de 6 € para os participantes con licenza federativa e 18 € para quen non dispoñan dela. Os cadetes están exentos da cota de inscrición, de modo que aqueles que non dispoñan de licenza só abonarán o custo da mesma. Este trámite debe formalizar a través da páxina web da Federación Galega de Tríatlon (www.fegatri.com) nas apartado Competicións/Inscricións. O prazo de inscrición finaliza o martes 16 de Setembro.

O II Dúatlon Concello do Porriño dará comezo ás 16.00 coa carreira de alevíns, benxamíns e infantís, dando paso ás 17.00 horas a proba Sprint que constará dun primeiro tramo a pé de 5 quilómetros, un segundo sector de 20 quilómetros en bicicleta e o último de carreira a pé sobre un percorrido de 2’5 quilómetros.

O Concello de Porriño confía en repetir o éxito da primeira edición desta proba deportiva, que o ano pasado reuniu a máis de 200 atletas na nosa localidade.

3 de setembro de 2014 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.