A Sociedade Ximnástica afrontará dous Campionatos de Galicia en Marín e Riveira
A Federación Galega de Atletismo, organiza este fin de semana os últimos Campionatos de Galicia da tempada, a distancia de 1.609 metros da milla inglesa e os 10 quilómetros en ruta; serán as dúas especialidades a disputar.
A milla celébrase o sábado pola tarde en Marín, onde tamén se disputará o galego de menores dun quilómetro en ruta; será unha tarde repleta de carreiras que comezarán ás cinco, cos máis pequenos e que terá o seu punto álxido a partir das oito menos vinte coa milla feminina absoluta e a continuación a masculina.
A Sociedade Ximnástica estará abanderada por Víctor Riobo. O marinense tentará ser profeta na súa terra e levar o título de Campión Galego, aínda que esperemos sexa escoltado polos seus compañeiros, Juan Pablo Fernández e Iván Docampo; que tamén aspiran ao podio.
O domingo pola mañá, en Santa Uxía de Riveira e conxuntamente coa súa carreira popular, celebraranse os 10 km. Iván Docampo estará de novo na liña de saída, tentando mellorar a medalla que conseguiu Carlos Villamor, para a Ximnástica, na edición de 2011.
En Mozas Laura Goñi e Cristina González, afrontan a súa primeira competición tras o parón de agosto.











