A Policía Local do Porriño detén ao presunto autor dun furto cometido en xaneiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO PorriñoSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Local do Porriño, procederon o pasado martes 26 de agosto de 2014, á detención de I.F.M, veciño de Vigo e de 41 anos de idade, como presunto autor dun Delito Contra o Patrimonio e a Orde Socieconómico, polo furto dun teléfono móbil.

Os feitos remóntanse ao 9 de xaneiro deste ano, cando unha persoa levouse un teléfono móbil, valorado en máis de 600 euros, nun establecemento do centro urbano do Porriño. Aínda que a vítima facilitara na súa denuncia as características do presunto autor dos feitos, ese día non puido ser localizado.

O pasado martes, coincidindo co mercado local, axentes da Policía Local localizaron a unha persoa que coincidía plenamente coa descrición facilitada no seu día pola vítima, quen tamén recoñeceu, sen xénero de dúbida, á persoa que presuntamente furtara o seu teléfono no mes de xaneiro.

Por iso, procedeuse á detención de I.F.M., como presunto autor dun Delito Contra o Patrimonio e a Orde Socieconómico, quedando posteriormente en liberdade con cargos. O detido, xa posuía antecedentes policiais por feitos similares.

3 de setembro de 2014 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.