A obra de Diego de Giráldez chega a O Porriño cunha mensaxe do espazo vital

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

A obra do pintor e escultor cañicense, Diego de Giráldez, chega a Porriño coa exposición organizada polo Concello de Porriño, a través da concellaría de Cultura que dirixe Teresa Veloso e en colaboración co Círculo Recreativo Cultural, “Unha mensaxe do espazo vital. Realismo Nas”. Así, mañá mércores 3 de Setembro ás 20:30 h, o Círculo Recreativo Cultural de Porriño acollerá a inauguración desta mostra no noso municipio.

O creador do movemento “Realismo Nas”, un estilo formado por naturalismo, abstracción e surrealismo dentro do realismo, ten unha ampla traxectoria que avala o recoñecemento e prestixio artístico do que goza neste momento. A obra deste artista, que conta cun museo propio na praza maior da súa vila natal, ten na actualidade representación en 140 museos de todo o mundo ademais de casas de coleccionistas privados en América, Europa, África e Asia, realizando tamén 350 exposicións individuais e mostras colectivas por diversos países.

Cabe destacar, a bibliografía deste pintor, composta por 32 libros, nos que participaron desde críticos de arte até directores de museos, escritores, poetas, etcétera.

O acto inaugural desta exposición abrirano o propio Diego de Giráldez, que impartirá a conferencia sobre “A anatomía na miña pintura, debuxo e escultura” e o Catedrático de Historia da arte da Universidade de Sevilla, Gerardo Pérez Calero, que disertará sobre “A anatomía na obra de Diego de Giráldez”.

Ás 21.00 horas, actuará a Coral Polifónica Amadeus de Vigo, seguido dun recital de poesía a cargo de varios autores ás 21.30 horas. O broche final porano a Coral San Mamede de Zamáns o Grupo de Gaitas “Os Parrulos” de Vigo que actuarán ás 22.00 horas.

2 de setembro de 2014 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.