A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte organiza un curso de formación en hostalería

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte está a organizar un curso de formación en hostalería, “atención en sala e auxiliar de cociña”.

As características principais desta formación son as seguintes:

PERSOAS DESTINATARIAS

Este curso está destinado principalmente a mulleres desempregadas con especiais dificultades de inserción laboral e que estean en posesión de estudios básicos (exb, graduado escolar, ESO..)

PRAZO DE INSCRICIÓN

O prazo para presentar as solicitudes empezará o día 15 de setembro de 2014 e rematará  o 22 de setembro de 2014en horario de rexistro (de 9.00 a 13.30 h de luns a venres).

NÚMERO DE HORAS: 200 h

PRAZAS:  O número de prazas para este curso é de 15 prazas

OBXECTIVOS:

– Ofrecer a capacitación profesional a persoas desempregadas da hostalería.

– Formar en competencias básicas do servizo de camareira e de xestión dunha cociña dun restaurante e  a elaboración de pratos culinarios

– Informar sobre as oportunidades de negocio innovadoras no sector da hostalería.

– Sensibilizar no emprendemento cooperativo como inserción laboral.

DATAS: do 06/10/2014 ao 28/11/2014

HORARIO: de 09.00 a 14.00 h

LUGAR: Restaurante Chicolino – Exipto, 125 – Boiro

INFORMACIÓN:

Se pode solicitar información mediante teléfono 647.883.638  ou correo electrónico:administracion@in9.es

15 de setembro de 2014 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.