A Escola Municipal de Música abre o prazo de matrícula o vindeiro martes
Empeza un novo curso, e con el tamén as clases da Escola Municipal de Música. A concellaría de Cultura, que dirixe Teresa Veloso, informa de que a próxima semana abrirase o período de matrícula para o curso 2014/15.
O proceso levará a cabo de maneira gradual, debendo formalizarse a matrícula nas dependencias da Escola Municipal de Música, de 16:00 a 20:00 horas pola seguinte orde:
– O Martes 16, mércores 17 e xoves 18, poderán formalizar a matrícula antigos alumnos con preinscrición e de acordo á orde da data de entrega da mesma.
– O Luns 22, poderán solicitar a matrícula os solicitantes novos con preinscrición, dependendo de que existan vacantes.
– O Xoves 25, solicitantes (con e sen preinscrición) dependendo de que existan vacantes e por orde de chegada.
Cada día matricularase só a 40 alumnos, é dicir, 10 alumnos por hora, e a listaxe da matrícula exporase diariamente no taboleiro de anuncios do Centro Cultural Municipal.
Cabe destacar que, dado que o número de prazas é limitado, o mércores 24 de setembro é o último día para realizar o pago da matrícula. De non haberse efectuado este, entenderase que o solicitante desiste da reserva de praza, quedando esta dispoñible como praza vacante.











