A carpa Xplora Xuventude fai parada no Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

A concellaría de Mocidade, que dirixe Iria Lorenzo, a través da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) puxo a disposición dos mozos porriñeses a actividade organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, “Xplora Xuventude”.

A pesar de que a choiva non deu tregua e impediu montar a carpa, o punto informativo da campaña “Xplora Xuventude” fixo unha parada hoxe no noso municipio co obxectivo de pór a disposición dos mozos toda a información sobre os recursos e programas dirixidos a eles.

Deste xeito, permaneceu a disposición dos interesados desde as 10.00 ás 14.00h, na praza Arquitecto Antonio Palacios, tempo durante o cal técnicos da Rede Galega de Dinamización Xuvenil facilitaron asesoramento sobre diferentes cuestións, entre as cales destacan os programas de mobilidade, temas de voluntariado, bolsas para prácticas en empresa, Plan de emprego xuvenil ou axudas para emprendedores.

Os usuarios acótanse entre os 12 e os 30 anos de idade, aínda que son moitos os pais que se achegan a buscar información para os seus fillos.

Todos aqueles interesados en obter información sobre algunha das campañas que está a levar a cabo a Consellería de Xuventude, poden visitar a páxina web www.xuventude.net onde poderán atopar toda a información sobre os recursos dirixidos aos mozos. Así mesmo, a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Porriño (OMIX), situada nas dependencias do Centro Cultural Municipal, ofrece toda a información sobre estes e outros recursos dirixidos aos mozos da nosa localidade.

6 de setembro de 2014 | 20:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.