Un total de 44 parellas disputaron o Trofeo Oziona de Pádel en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Entre os pasados días 1 e 3 de agosto tivo lugar no Centro de Deportes de Raqueta Santa Uxía o Primeiro Trofeo Oziona de Pádel, organizado pola asociación As Miñoteiras coa colaboración do Concello e da Comisión de Festas de Riveira.

Esta actividade deportiva contou coa participación de 44 parellas, 20 en categoría Open e 24 en categoría B. Numerosas persoas achegáronse na tarde de onte á instalación municipal situada en Coroso para presenciar as finais.

En categoría B, os composteláns Luis e David venceron aos locais Julio e Caneda por un resultado de 6-4 e 6-3 nun partido moi igualado. Luis foi designado mellor xogador da final, recibindo con tal moito un botellón de Ribeiro doado pola Vinoteca de Tucho.

Na categoría Open lograron o triunfo os santiagueses Jacobo e Alberto aos noiteses Fran e Marcos por 6-1 e 6-3. Alberto erixiuse no mellor xogador do partido e recibiu un bolso raqueteiro doado por Náutica A Poutada. Ademais, os gañadores obtiveron un premio en metálico de 250 euros, recibindo 125 os subcampións.

Nas finais de consolación, Aberto e Sergio impuxéronse en categoría Open (6-3 e 6-1) e Camino e Tacho en B (doble 6-2).

4 de agosto de 2014 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.