Un cento de cativos disfrutan dunha obra de monicreques no Auditorio de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Máis dun cento de persoas están a asistir no Auditorio Municipal a unha representación de monicreques a cargo de Artello Teatro. O título da obra, “Cinderella Mix”.

O espectáculo está promovido polo Concello de Riveira dentro da súa programación da Fiestra da Cultura, recibindo a colaboración de Agadic (Axencia Galega das Industria Culturais, dependente da Xunta de Galicia).

Boa parte dos espectadores son alumnos dos obradoiros de conciliación do Verán Cultural, que están a desenvolver así a penúltima das actividades do seu interese englobadas neste programa.

Macrofesta infantil

Neste senso, mañá terá lugar unha Macrofesta Infantil da Populachada na praza de España, en horario de 12 a 14 e de 17 a 20 horas.

Haberá inchables adaptados a distintas franxas de idade, música e, para culminar a xornada, unha festa da escuma. Ademais dos rapaces do Verán Cultural poderán disfrutar desta actividade todos os nenos e nenas desexosos de pasar unha boa xornada de sábado.

29 de agosto de 2014 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.