Un biólogo mariño explica os segredos da fauna a nenos de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Nenos participantes nos obradoiros de conciliación Xoga con Nós e Camp of Cultural Summer, que se están a desenvolver dende principios de xullo no CEIP O Grupo, recibiron esta mañá unha visita moi especial: a do biólogo mariño Sergio Permuy, quen lles aprendeu aos cativos numerosos segredos relacionados coa fauna do noso entorno.

Dunha maneira entretida, Permuy, que ten traballado como monitor do Parque Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e é un auténtico coñecedor deste ecosistema, cativou aos rapaces coas súas explicacións sobre as especies que campan no noso litoral, como o peixe sapo, os xurelos, as sardiñas ou as raias

A actividade, desenvolvida nestes dous campamentos do programa Verán Cultural 2014 de Riveira, está adscrita a un dos obxectivos desta iniciativa como é a de educar en valores medioambientais aos cativos e promover xa dende a infancia a conservación do noso entorno natural.

8 de agosto de 2014 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.