publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Transfírese ao Concello de Abadín dous treitos da estrada LU-113 ao seu paso por Corvite e Abeledo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbadínLocal PortadaLugo
A-
A+

O Consello da Xunta, na súa reunión de hoxe, aprobou o decreto polo que se transfiren dous tramos antigos da estrada Rozas-Abadín (LU-113), a prol do Concello lugués de Abadín. Trátase dun treito localizado na parroquia de Corvite, entre os puntos quilométricos 24+830 e o 25+170; e outro tramo situado na parroquia de Abeledo, entre os puntos quilométricos 26+130 e 26+760.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas considera oportuno este cambio de titularidade, dado que os tramos transferidos adquiren características puramente locais, xa que o tráfico que os emprega é exclusivamente local e existe unha alternativa viaria que mantén a continuidade do itinerario ao tempo que ofrece un mellor nivel de servizo e unha redución dos tempos da viaxe.

Con esta aprobación, o Concello de Abadín deberá asumir todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación do trazado a partir da formalización da entrega, que terá lugar no prazo dos dous meses seguintes.

Cambio de titularidade de estradas de Galicia

Os cambios de titularidade das estradas están regulados na Lei de estradas de Galicia. De acordo con este artigo, os cambios dos nomes das vías deben ser aprobados por un decreto de Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas. A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) é a encargada de avaliar o cambio de titularidade.

Ademais, a Lei de estradas de Galicia alega que as entidades locais, dentro das súas competencias, aprobarán a relación de estradas da súa titularidade. Cumprindo o exposto, o Concello de Abadín deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o treito da LU-113.

Melloras executadas

A Consellería de Medio Ambiente acometeu unha actuación de acondicionamento nun treito de máis de 8 quilómetros, entre Moncelos e Abadín (N-634) da estrada LU-113, que comunica Rozas (N-640) con Abadín (A-8).

Con esta obra, na que a Administración autonómica investiu máis de 7 millóns e euros (7,25), alargouse a plataforma da estrada (que conta agora con 10 metros de largo) e mellorouse o trazado tanto en planta coma en alzado, ademais de acometerse unha renovación total da sinalización, balizamento e defensas, e de mellorar a accesibilidade das estradas secundarias que intersectan coa LU-113 mediante a reforma da interseccións.

As melloras realizadas no trazado en planta intentaron evitar as vivendas existentes, de xeito que algunhas funcionan como variantes de poboación.

1 de agosto de 2014 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.