Todo a punto para a Festa do Polbo de Palmeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Todo está a punto para a celebración da Primeira Festa do Polbo de Palmeira a falla de menos de 24 horas para que o pregón inaugural a cargo de Enrique Paisal marque o comezo deste certame que se prolongará ata a noite do domingo 31.

Unha carpa de 200 metros cadrados situada na explanada portuaria servirá de epicentro da celebración e alí poderá ser degustado o prezado cefalópodo, ademais doutros pratos tan típicos como mexillóns e churrasco. Todo, co avezado pulpeiro Manuel Veloso ao mando dos fogóns.

Artesanía e atraccións infantís

Ademais, un escenario de inspiración mariñeira a base de pales será o lugar onde se desenvolvan diversas exhibicións e actuacións musicais, e tamén haberá unha decena postos de artesanía e atraccións para os máis pequenos (cadenas, inchables, barquillas, tirachinas…).

A festa arrancará ás 12 do mediodía coi pregón de Enrique Paisal, palmeirán membro fundador de Los Tamara e actual director da Coral Polifónica Municipal de Riveira.

A xornada contará tamén coa actuación do grupo de gaitas local A Gandaia e dunha charanga. Pola noite, o grupo Fisherman’s Blues encargarase de animar a noite a partir das 22 horas.

En canto á xornada do domingo, a partir das 12 do mediodía haberá unha masterclass de zumba aberta a todos os interesados en disfrutar deste ritmo e, ás 13 horas, unha exhibición de taekwondo ofrecida por membros do club Natural Sport, campión de España e de Europa. todos aqueles afeccionados a esta novidoso baile, e unha hora máis tarde unha exhibición de taekwondo impartida polo club Natural Sport. Ás 22 horas tocará en directo a banda Smoke.

Colaboran na organización da festa a Comisión de Festas de Palmeira e os bares Baluarte, de Alejandro e Manolo o do Café.

29 de agosto de 2014 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.