Riveira traslada os contedores situados fronte á praia da Robeira no Porto de Corrubedo
O Concello de Riveira informa de que se está a executar unha pequena actuación no varadoiro do porto de Corrubedo con miras a trasladar a un espazo que está a creando os contedores de recollida de lixo que están dispostos actualmente fronte á praia da Robeira, situada tamén na explanada portuaria.
Esta era unha antiga demanda de veciños, visitantes, hostaleiros e usuarios do citado areal que agora se pon en marcha unha vez sepuxo en coñecemento de Portos de Galicia.
Dende o Executivo estímase que este pequeno cambio de localización redundará no atractivo turístico dunha localidade que todos os veráns multiplica a súa poboación e atrae a un gran número de visitantes. Non só pola erradicación de posibles cheiros na propia praia, senón tamén ao eliminar o impacto visutal destes elementos, acentuando a fermosura das vistas que se obteñen cara a abra de Corrubedo e o parque dunar.











