Riveira pon en marcha un comedor social destinado a usuarios do servizo de drogodependencia
Ao igual que xa acontecera no pasado verán, o Concello de Riveira informa da apertura durante este mes de agosto dun comedor social dirixido aos usuarios do Servizo de Drogodependencias de Riveira.
Esta acción, que deu comezo o pasado luns, prestará atención a un total de doce usuarios. A idoneidade da súa posta en marcha deriva da conveniencia de atender as necesidades deste pacientes nun mes en que non existen servizos de semellantes características no municipio. De ser necesario o comedor podería ser ampliado máis aló do mes de agosto.
De forma paralela, tanto con cargo ao plan municipal de emerxencia social como a través do convenio de colaboración coa Fundación Amigos de Galicia, dende Servizos Sociais de Riveira se está a reforzar a atención alimentaria a outras persoas que no son usuarias da UAD e que tamén teñen esta necesidade.











