publicidade hoxe

Pazos de Borbén pecha as súas festas patronais nas que honrou á virxe da Branca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén pechou hoxe as súas celebracións patronais en honra á Virxe da Branca coa clásica misa e procesión. Unha festividade á que acudiron máis de 200 veciños para render homenaxe á súa patroa e que concluíu coa actuación do grupo musical Sons do Castro. O bo tempo, pese ao ceo encapotado de primeiras horas, permitiu o tradicional paso da Virxe ao que se uniron veciños de todas as idades.

A xornada comezou coa tradicional homilía en honra á patroa ás 13:00 horas na igrexa de Borbén. Unha misa que continuo no exterior da capela coa ofrenda floral e a procesión da virxe seguida por varias decenas de veciños ademais do tradicional carro no que viaxaban os máis pequenos.

Tras finalizar o oficio, a actividade desprazouse ao escenario da festa no que maiores e pequenos uníronse aos músicos do grupo “Sons do Castro” para interpretar un amplo repertorio de cancións populares.

4 de agosto de 2014 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.