publicidade hoxe

Pazos de Borbén honra á patroa municipal, a Santa María

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén celebra mañá a súa festividade patronal en honra a Santa María. Unha xornada que alternará os ritos relixiosos coas actuacións de diferentes grupos musicais e na que participan todos os anos veciños de todas as idades. A festa terminará pola noite coa clásica verbena na que non faltará a animación musical ademais dos tradicionais postos e atraccións.

Comeza o día en honra a Santa María, patroa do concello de Pazos de Borbén, cunha misa rezada ás 10:00 horas. Ao termo do oficio, ás 10:30, a Banda de Música de Vertula levará o ambiente festivo por distintas zonas do concello cos seus pasarrúas.A misa solemne e a procesión en honra a Santa María celebrarase ás 13.30 horas e será acompañada pola citada banda de música, que ofrecerá un concerto ao terminar os actos relixiosos. A tradicional verbena nocturnacontará, ademais dos clásicos postos e atraccións, cun baile animado polas orquestras Principal, cos IrmansDiumaro, e La Torre, que clausurarán a festa en honra á patroa de Pazos de Borbén até o próximo ano.

14 de agosto de 2014 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.