publicidade hoxe

Pazos de Borbén acolle a súa Romaría do Santo Aparecido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O barrio de Pousiño, no Concello de Pazos de Borbén, celebra este sábado a súa tradicional romaría do Santo Aparecido.Un festexo que todos os anos reúne centos de veciños e devotos no miradoiro que leva o nome do Santo, no Monte da Berra, e coroa o val do río Borbén.

A xornada inaugurarase cuns pasarúas a cargo da charanga Vai de Baile. Ás 13.00 horas oficiarase a misa campestre á que seguirá unha nova actuación do mesmo grupo musical. Acto seguido celebrarase unha comida coas viandas que o romeus leven desde as súas casas.

A diversión volverá á primeira hora da tarde cos primeiros xogos populares, dirixidos tanto a mozos como a maiores, e a animación musical da charanga. A media tarde acenderanse as primeiras brasas para gozar da clásica sardiñada popular, que disporá de pan de millo e viño gratis para o goce dos asistentes.Despois da comida a animación musical pasará a mans do Trío Orquídia que amenizará o resto da xornada até a chegada da medianoite, momento no que os asistentes gozarán dun bo vaso de chocolate con roscón.

As persoas interesadas en comer ao medio día alí deberán reservar mesa chamando aos teléfonos 659 087 556, 630 829 597, 629 560 786 ou 658 441 524.

28 de agosto de 2014 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.