Os alumnos dos obradoiros Xoga con Nós e Verán Rechinan descobren o patrimonio natural e cultural de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Nestas últimas semanas os nenos e nenas participante nos obradoiros de conciliación Xoga con Nós e Verán Rechinán, pertencentes á programación do Verán Cultural de Riveira, levaron a cabo unha ampla gama de actividades enfocadas a aprender moitas cousas sobre o municipio de Riveira e o seu patrimonio natural e cultural.

Así, ao longo da semana pasada, os nenos e nenas do Xoga con Nós encadrados nos grupos 1 (Pedra da Ra) e 2 (As Praias) fixeron un mural sobre Riveira, mentres que os dos grupo 3 (Praia de Coroso) procederon á creación dunha dorna típica.

O resto de grupos fixeron outras maquetas centradas nos bosques, mentres que os rapaces que están a asistir ao Verán Rechinán crearon unha maqueta sobre o Dolmen de Axeitos.

Mundo mariño

Por outra parte, alumnos de Xoga con Nós estiveron elaborando entre os días 28 de xullo e 3 de agosto un pequeno mural dedicado ao mundo do mar, acompañado dun cartaz de tallas mínimas, unha regra de medir os peixes e a creación de réplicas de distintas especies (arenque, dourada, gallo, lenguado, pescada, rodaballo, solla, xarda e xurelo). Esta última actividade rematou cun Xogo de Pesca Tradicional e Responsable.

 

11 de agosto de 2014 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.