O retablo da capela de San Sebastián xa loce restaurado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

O retablo da porriñesa capela de San Sebastián xa loce en todo o seu esplendor unha vez finalizados os traballos de limpeza e restauración.

O Concello de Porriño destinou 6000 euros e xestionou a colaboración da Deputación de Pontevedra coa mesma cantidade, á recuperación deste retablo que, considerado Patrimonio Histórico e Cultural, presentaba un grave estado de deterioración. A intervención integral do retablo para a súa conservación e posta en valor, devolveu a beleza, luminosidade e bo estado a esta peza de máis de cen anos.

Tras un estudo previo no que se detectaron algunhas alteracións que incluían deformacións, perdas de soporte; así como, sucidade ambiental, oxidación e oscurecemento da verniz; procedeuse ao desmonte integral do retablo e do moldura frontal da mesa do altar para trasladalos aos talleres onde levaría a cabo a restauración.

Tras unha limpeza inicial e un tratamento desinfectante e fungicida, procedeuse á reconstrución de volumes, ao tratamento da película pictórica coa eliminación de repintes e vernices, e á reintegración cromática, levada a cabo nos termos acordados con patrimonio.

13 de agosto de 2014 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.