O Porriño estrea pista de “skate”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

O Concello de Porriño conta desde onte cunha pista de “skate” que permitirá aos mozos afeccionados ao rolling, practicar, de maneira segura, diferentes modalidades de deporte como unha seda: Rolling, BMX, Skate ou Scooter.

Esta iniciativa do Concello do Porriño nace co fin de dotar dun novo espazo de lecer e deporte á mocidade do noso municipio. Situada na área recreativa do Louro, a pista instalada consta inicialmente dun MINI HALF PIPE (comunmente  chamado “U”) de dificultade media, ofrecendo así aos skaters un espazo idóneo para o desenvolvemento desta actividade deportiva coa maior seguridade posible.

Optouse pola instalación dunha pista modular con superficie de madeira e HPL que, segundo os usuarios das pistas de skate e patinadores con dilatada experiencia, son as máis seguras ante caídas e as que levan un mantemento máis sinxelo (a durabilidade destes materiais é para sempre). Cunha altura de 1,90 m e un radio de curva de 2,2 m, este “half” reúne todas as condicións para minimizar os riscos de caída, xa que o feito de que a curva sexa máis ampla e tamén máis alta leva un risco inferior debido ao “efecto tobogán”.

A mañá de onte o alcalde do Porriño, Nelson Santos e o concelleiro de deportes, Alejandro Lorenzo, visitaron as instalacións das que xa gozan varios afeccionados. O rexedor insistiu aos mozos na importancia de facer un uso responsable da pista, sen deixar de lado as medidas de seguridade. Cabe destacar que un SkatePark non é un parque infantil para nenos pequenos onde poidan subirse ás diferentes alturas sen a supervisión dun titor, senón un espazo destinado á práctica responsable destes deportes.

2 de agosto de 2014 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.