O Porriño celebrará un mercadillo mensual de segunda man

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

O Concello do Porriño, a través da concellaría de Prazas e Mercados que dirixe María José Martínez, prepara a celebración, unha vez ao mes, dun mercado de oportunidades onde se poderán vender obxectos usados a prezos alcanzables. Artigos de segunda man como roupa, artigos de decoración, artesanía ou quincalla, terán cabida nesta feira que pretende achegar aos consumidor obxectos a reutilizar en bo estado e a bo prezo.

Esta nova iniciativa do Concello, dirixida principalmente a persoas do noso municipio, celebrarase un martes de cada mes facéndoo coincidir co día de mercado local a fin de dinamizar e promocionar a feira da nosa vila.

As persoas interesadas en participar ou que desexen recibir máis información, deben dirixirse á concellaría de Prazas e Mercados do Concello de Porriño, en horario de 9.00 a 14.00 horas

27 de agosto de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.