O parque do Cristo acolle a proxección de “Epic. El mundo secreto”
Mañá xoves, ás 22.00 horas, o parque do Cristo acollerá a proxección da película de animación “Epic. El mundo secreto”, tras ser suspendida o pasado 1 de Agosto por causas climatolóxicas.
O venres 22 a praza interior de rúa Enrique Peinador acollerá a proxección de Como entrenar a tu dragón e o día 29 proxectarase Oliver Twist na praza da Urbanización Alameda na Avda. de Galicia.
Lembramos que se manterán as datas e horas de todas as proxeccións pero, en caso de ameaza de choiva, trasladaranse ao Centro Cívico do Porriño nas dependencias da Escola Municipal de Música (antigos xulgados), para poder continuar con normalidade coa programación cultural “Saímos á rúa”.
Por outra banda, para todos os que queiran facer exercicio, cada luns e mércores do mes de Agosto ás 21.00 horas, están a impartirse clases grupales de ximnasia ao aire libre no parque da Trav. do Matadoiro.











