O goberno de Riveira construirá 170 metros lineais de beirarrúa no lugar de Martín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa da adxudicación dunha nova actuación consistente na construción de 170 metros lineais de nova beirarrúa no lugar de Martín.

Esta actuación, destinada a afianzar a seguridade viaria dos peóns, supón un investimento de 28.238,21 euros e vai ser executada por Tamara Fernández Pérez.

A zona onde se van a executar os traballos sitúase na banda esquerda da estrada que cruza Martín segundo se sube dende a cidade riveirense, a partir da ubicación do lavadoiro erixido neste lugar.

O material empregado será baldosa hidráulica con dimensións de 33×33 centímetros de 25 tacos color gris. Para colocar estes elementos será necesario demoler a solera existente nalgúns puntos. A superficie total obxecto da actuación ascende a 275 metros cadrados.

1 de agosto de 2014 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.