O Concello de Riveira creará un circuíto BTT para bicicletas de montaña en Oleiros
O Concello de Riveira ten previsto crear unha nova infraestrutura deportiva no municipio. Concretamente, un circuíto de BTT (acrónimo de Bicicleta Todo Terreo) que se ubicará no lugar de Portochouzo, na parroquia de Oleiros.
Para tal fin, adxudicouse á empresa Excavaciónes Abelleira S.L. os traballos de acondicionamento da parcela necesaria para executar esta acción, que está situada a carón do campo de fútbol de Oleiros. O importe da actuación ascende a 56.384 euros.
Unha vez limpada a vexetación da parcela en cuestión, as obras a realizar comprenden labores de desmonte e movemento de terras e a construción do propio circuíto BTT, aproveitando en parte materiais derivados do propio campo.
O período de execución dos traballos é dun mes.











