publicidade hoxe

Medio Ambiente inicia as obras de estabilización dun noiro da estrada Sada-Bergondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBergondoLocal PortadaSada
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas comeza hoxe os traballos previos ás obras de estabilización dun noiro da estrada AC-162 (Sada- Bergondo) no punto quilométrico 0+600. Estas primeiras accións centraranse no desbroce e a colocación das sinais necesarias na zona.

Estes traballos permitirán restituír a estrada AC-162 na marxe esquerda, no punto quilométrico 0+600, lugar no que se produciu un desprendemento no terraplén como consecuencia das intensas chuvias caídas e da rotura dunha tubaxe de abastecemento de auga do Concello de Sada instalada baixo a beirarrúa.

Estas actuacións foron adxudicadas á empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L. por un valor económico de 170.541 euros.

As citadas obras estabilizarán o noiro desta estrada mediante a construción de muros de coieira, camiños de obra e a substitución do firme, ademais de efectuar as posteriores tarefas de mantemento e conservación do mesmo.

A estabilización do noiro executarase mediante a construción de tres muros de coieira, e debido ao estado en que quedou a vía despois do desprendemento, na actuación procederase tamén a substituír o firme completo nunha lonxitude de 40 metros.

O desenvolvemento destes traballos beneficiará a unha poboación total de máis de 15.000 habitantes do Concello de Sada. Neste senso, o Goberno galego colabora na execución deste tipo de proxectos co fin de dotar aos concellos galegos dunhas infraestruturas cómodas e seguras, mellorando así a calidade de vida dos cidadáns.

6 de agosto de 2014 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.