publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Máis de cen xinetes asistiron á I Festa Cabalar de Pazos de Borbén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+
I Festa Cabalar de Pazos de Borbén

I Festa Cabalar de Pazos de Borbén

Máis de cen xinetes déronse cita este fin de semana en Pazos de Borbén para gozar das actividades da I Festa Cabalar. Unha celebración que contou cunha ruta polos montes e ríos da contorna ademais dunha multitudinaria comida de irmandade e unha tarde chea de xogos relacionados coa cultura ecuestre.

A celebración comezou a noite anterior co recibimento dos 25 xinetes, chegados de máis lonxe, que aproveitaron a zona de acampada instalada no campo de fútbol de Nespereira. Unha vez acomodadas as súas monturas e coas tendas instaladas, gozaron dunha pequena festa con animación musical até pasada a medianoite.

O domingo comezou coa reunión dos xinetes para a ruta polos montes lindeiros. Un paseo no que os máis de cen xinetes percorreron diversos camiños da comarca desde o monte Galleiro até o río Louro atravesando os montes de Nespereira e Amoedo entre outras parroquias.

Unha vez de volta, tanto os xinetes como algúns familiares uníronse á comida de irmandade. Un festín no que non faltaron os pratos típicos dunha comida campestre como a empanada, o churrasco, o polo ou os chourizos criollos. Despois dun prudente repouso comezaron os primeiros xogos. Mentres os nenos e os máis maiores gozaban de tranquilos paseos montados en mansos cabalos, os adultos gozaban coa celebración da gimcana ecuestre. Unha competición na que Lorena, unha moza do barrio vigués de Sardoma, impúxose a lombos de Tango. A súa exhibición foi premiada cun premio en metálico ademais de diversos recordos doados polo Concello de Pazos de Borbén e a Casa da Cultura de Nespereira.

4 de agosto de 2014 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.