publicidade hoxe

Ferido grave un home tras chocar co seu coche contra un muro en Nogueira de Ramuín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNogueira de RamuínOurenseSucesos
A-
A+

Un home resultou ferido de gravidade en Nogueira de Ramuín (Ourense), sobre as 14,30 horas deste sábado, tras saír da vía o coche no que viaxaba e chocar contra un muro.

   En concreto, o accidente tivo lugar na estrada OU-0508, en concreto no quilómetro 6.800 á altura de San Miguel do Campo, segundo informaron fontes da Garda Civil de Ourense.

   Ata o lugar do accidente desprazáronse a Garda Civil, unha ambulancia do 061, que trasladou ao ferido ao Complexo Hospitalario de Ourense, e un helicóptero do 112.

2 de agosto de 2014 | 21:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.