Ducias de cativos viviron unha función de monicreques na praza do concello de Riveira

Sesión de monicreques
Decenas de nenos e nenas viviron na mañá de hoxe unha función de monicreques na praza do Concello de Riveira.
A acción está adscrita á programación do Verán Cultural de Riveira 2014 e correu a cargo da compañía Duendesico Teatro, que puxo en escena unha nova proposta “Elías contra Calvi: o destrutor da natureza”, en que os pequenos aprenderán o valor de non dicir mentiras.











