Colócase nas marquesinas de Riveira información sobre as liñas regulares de autobús do municipio cos seus horarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa de que nos pasados días se procedeu á colocación dos horarios das liñas regulares de autobús en 75 marquesinas dispostas nas nove parroquias do municipio.

Esta actuación foi executada seguindo as recomendacións do Plan de Mobilidade Urbano Sostible (PMUS), co obxecto de achegar aos cidadáns e visitantes unha maior e mellor información ao respecto e axudar a promover o emprego do transporte público.

Agora, os usuarios que se achegen a unha destas marquesinas terán cumprida información de todas as liñas de autobús existentes (sete en total), ofrecidas polas empresas Arriva e Autocares Ferrín.

Cómpre lembrar que tamén é posible acceder a esta información a través da nova páxina web municipal de Riveira (www.riveira.es).

6 de agosto de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.