Cine ao aire libre en Riveira coa proxección de “Águila Roja” na praza de España
Riveira dará cabida hoxe pola tarde a un espectáculo de cine ao aire libre coa proxección de “Águila Roja, la película”, filme baseado na serie homónima que levou á gran pantalla José Ramón Ayerra e no que interveñen os intérpretes galegos Francis Lorenzo, Javier Gutiérrez e José Ángel Egido.
A proxección, aberta ao público e gratuíta, terá lugar na Praza de España, ás 22.30 horas. A iniciativa forma parte da programación municipal da Fiestra da Cultura e do Ciclo Gas Natural Fenosa de Cine Itinerante Galicia 2014.
Repartiranse flocos de millo entre os espectadores que se fagan fans das redes sociais de cine da compañía enerxética, ata agotar existencias.
Aviso: por incidencias de última hora no poderá acudir á proxección o Francis Lorenzo como estaba previsto; no seu defecto, este actor galego dirixirase aos espectadores a través dun vídeo, ao igual que David Janer e Guillermo Campra (Águila Roja e o seu fillo neste produto de ficción).











