Cativos e maiores participan na primeira clase de ximnasia ao aire libre no Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Ximnasia ao aire libre

Ximnasia ao aire libre

Ao redor de medio centenar de persoas gozaron onte dos beneficios de realizar exercicio ao aire libre na primeira das clases de ximnasia que o Concello do Porriño, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Teresa Veloso, inclúe na programación cultural estival “Saímos á rúa”. Estas clases grupais impartiranse cada luns e mércores do mes de Agosto ás 21.00 horas, no parque da Trav. do Matadoiro.

Lembrámosvos tamén, que todos os venres do mes, ás 22.00 horas, as prazas de Porriño acollerán proxeccións de cine ao aire libre. Este venres 8 de agosto, será a quenda do pequeno meigo na praza de San Sebastián. O vindeiro xoves 14 de Agosto proxectarase “Epic. O mundo secreto” no parque do Cristo tras ser aprazada a súa proxección o pasado venres por causas climatolóxicas, o venres 22 a praza interior de rúa Enrique Peinador acollerá a proxección de Como adestrar ao teu dragón e o día 29 proxectarase Oliver Twist na praza da Urbanización Alameda na Avda. de Galicia.

5 de agosto de 2014 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.