Apertura do prazo de inscrición para anotarse na Escola Municipal de Ballet de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa de que mañá martes día 5 de agosto abrirá o período de inscrición para anotarse na Escola Municipal de Ballet na especialidade de danza clásica.

O prazo para asistir a esta acción formativa, coa profesora Cristina Riveiro, concluirá o vindeiro 20 de agosto.

Os interesados poden poñerse en contacto con Cristina Riveiro a través do teléfono 981 873 595 ou por correo electrónico danza@riveira.com.

4 de agosto de 2014 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.