A música de Freddie Mercury reinou na noite de Riveira mentres amencía para os máis cativos cunha festa infantil

Festa infantil en Riveira
Unha gran celebración infantil encheu de bullicio e animación está mañá a praza do Concello no transcurso da cuarta xornada das Festas de Verán de Riveira. Centenares de cativos acudiron á explanada consistorial para disfrutar dos inchables e mascotas que alí estiveron dispostos.
Antes, dende a medianoite de onte, numerosas persoas de todas as idades concentráronse na praza de España para asistir á actuación ofrecida por McKuin: unha banda tributo a Queen, a mítica banda británica liderada por Freddie Mercury.
A xornada de hoxe, primeira do mes de agosto, contará con outra espectacular actuación a partir das 23 horas na praza de España da man da formación coruñesa La Banda del Camión. Ademais, haberá dúas verbenas, unha no Malecón coa Orquestra Passarela (22.30 horas) e outra no parque García Bayón coa Orquestra D’Moda (00.30 horas).
Programa de mañá
Por outra banda, o programa de mañá será un dos máis intensos de toda a festa. Ás 12 do mediodía terá lugar na Galería O Faiado a inauguración dunha exposición colectiva de Creadoras da Barbanza baixo o título de “De fibra sensitiva”.
Ás 18 horas desenvolverase na Lonxa unha multutidinaria Misa Solemne na honra da Virxe do Carme, cantada pola Coral Polifónica Municipal de Riveira. A ista seguiralle a tradicional Procesión Marítimo-Terrestre.
E ás 21 horas haberá dous actos. De unha parte, o concerto da banda riveirense Espazo en Branco que en principio estaba prevista para hoxe. Será na praza do Concello. Mentres que na praza de España terá lugar unha exhibición de artes marciais a iniciativa do Club Kenpo Riveira – Ximnasio Cardalda.
Para a medianoite está programada a espectacular queima de Fotos de Artificio, a cargo da Pirotecnia Ricardo Resúa.
E ás 00.30 horas, gran actuación do mítico dúo gaditano Andy y Lucas, un dos pratos máis fortes da calendario festivo.
Ademais, a Orquestra Solara sairá ao escenario a partir das 22.30 horas no Malecón e, ás 00.30, fará o propio a Orquestra Cosmos no García Bayón.











